Pulpo Mascota

Na illa de San Martiño
naceu hai anos o noso Polbiño
Nas Illas Cies estivo
durante o tempo que foi cativo.

A illa era visitada
por extranxeiros cada semana
por iso foi que polbiño,
non o pensou un segundo,
pediu unha beca erasmus
e foi visita-lo mundo.

Recorreuse toda Europa
linguas fala dez ou vinte
pero o que é máis importante
é o que agora Pobiño sinte:

Que inda esté de volta en Cíes
coñeceu moitas culturas
fixo centos de amiguiños
que verá en viaxes futuras.

Agora fixemos piña
e Polbiño é o noso amigo
a mascota de ESN
na Universidade de Vigo!